Son dúas palabras que están ben. A máis usada, claro, é momento. Vén dun momentum latino que á súa vez é contracción de “movimentum”, de “movere”, o que dá idea dun tempo que leva mover algo. A outra, intre, chegou a fartar hai anos. Tanto se usou que parecía que non había momentos en galego. E non hai que abusar. Intre parece que vén do latín “ínterim” que é unha forma culta que se usa hoxe en día en case todas as linguas latinas para referirse a un momentiño pequeno entre dúas cousas. Así, o seu derivado galego, intre, case pode ter un significado máis próximo a mentres tanto, ou entrementres, que a momento. Por exemplo, se digo “No intre de darlle a volta á tortilla, petaron na porta” falo ben. Tamén temos instantes, que teñen que ver con urxencia, de aí o de “instar” indica necesidade de premura na resposta. En fin, usemos máis momentos, algún que outro intre, tamén algún instante pero ningún rato. Como saben, eses só rillan e andan sempre escapados. Do gato ou do raticida.
Buscar
26/feb./21 - 05:03
Actualizado:
26/feb./21 - 00:03
26/feb./21 - 00:03
Compartir
Tags
Más en Cultura
MÚSICA
Vetusta Morla hace un alto en su trayectoria: "Si todo va bien volveremos en 2026"
Agencias
25/abr./24 18:50
'ME TOO'
Otras tres mujeres acusan al cineasta Carlos Vermut de violencia sexual
Agencias
27/feb./24 10:25