John Mayall ofrece o 16 de xuño en A Coruña o seu único concerto en Galicia

O artista John Mayall ofrecerá o próximo 16 de xuño en A Coruña o seu único concerto en Galicia para o que se prevé un 'cheo' debido ao ritmo de vendas das entradas, segundo informa a organización.
Mayall comeza a súa xira española o próximo 14 de xuño en Bilbao, onde xa están esgotadas as localidades. Con 77 anos e máis de 50 enriba dos escenarios, visitará tamén Madrid, Avilés, Málaga, Segovia, Barcelona e Salamanca.

O guitarrista de Texas Rocky Athas, o teclista Tom Canning e unha sección rítmica de Chicago, Greg Rzab ao baixo e Jay Davenport á batería, acompañan agora a Mayall, que xubilou a finais de 2008 aos lendarios Bluesbreakers.

'Con eles repasará a traxectoria que o entronizou como o pai do blues branco e os temas de Tough, un disco areento e urbano producido por el mesmo no que se interna nos conflitos nas relacións humanas, analiza a situación no mundo actual, aborda as trampas das tentacións e abre un espazo á esperanza', sinala a organización.

O concerto de A Coruña será no Pazo de Congresos e Exposicións (Palexco) e as entradas están xa á venda, a través de Novacaixagalicia, cun prezos que oscilan entre os 25 e os 35 euros.

Te puede interesar