A divertida historia dos populares persoaxes galegos está patrocinada pola Xunta e La Rosaleda

A nova aventura dos Bolechas leva ós irmáns ata o hospital

Fernández Albor (derecha) e Pepe Carreiro (esquerda), cos nenos e os participantes na presentación. (Foto: ARCHIVO)
'Os Bolechas van ao hospital ' é a nova aventura dos personaxes creados por Pepe Carreiro. Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá visitan a unha amiga no hospital, e este é o inicio dunha divertida historia, na que o seu can Chispa terá un papel protagonista. A publicación, presentada onte en Santiago está patrocinada pola Fundación La Rosaleda e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Todos os ingresos pola venta do libro serán invertidos nas actividades organizadas para os nenos da Escola Infantil Camilo José Cela, escola que está ubicada no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, e traballa con nenos con necesidades educativas especiais derivadas dos seus problemas de saúde.

Os asistentes, entre eles os nenos da propia escola do hospital puideron coñecer de primeira man o proceso de creación dos personaxes infantís creados por Pepe Carreiro. O debuxante amosou como unha folla en branco pode cobrar vida cun par de trazos. Os máis cativos recibiron como agasallo o novo libro dos Bolechas, adicado persoalmente polo seu autor.

Ao acto de presentación asistiron o presidente da Fundación La Rosaleda, Gerardo Fernández Albor; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o xerente do C.H.U.S., Luis Verde Remeseiro; o xefe de Pediatría do C.H.U.S., José María Martinón; o xefe do servicio de Oncoloxía, Rafael López; o xerente do Hospital Policlínico La Rosaleda, Rafael Silva; a directora da Escola Infantil Camilo José Cela, Ruth Gómez e o propio autor dos Bolechas, Pepe Carreiro.

O proxecto do que forma parte o novo libro da popular familia de irmáns galegos encádrase no marco de colaboración en materia de dinamización lingüística que asinaron, no ano 2012, o departamento dirixido polo conselleiroXesús Vázquez Abad e mais a Fundación La Rosaleda.

No libro, Os Bolechas van ao hospital a visitaren a súa amiga Monts,q ue está no cuarto 203, no segundo andar, pero os cans non poden entrar e isto fai que Chispa convértase no gran protagonista da historia coa que Pepe Carreiro acerca ós máis nenos á realidade dun hospital.

Os Bolechas son desde fai máis de 10 anos a revelación editorial en Galicia. Con máis de 200 títulos publicados, contan cun verdadeira lexión de seguidores entre os máis pequenos, converténdose nun auténtico fenómeno cultural galego.

Te puede interesar