A OSG ofrece este venres na súa programación de abono a zarzuela 'Cecilia Valdés'

A programación de abono da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) incluirá este venres, día 4, a representación da zarzuela cubana 'Cecilia Valdés', coa presenza da soprano María Bayo, que estará acompañada polos tenores Alejandro Roy e Gustavo Peña, entre outros, segundo informa o conxunto orquestral.
Ademais, o concerto contará co Coro da Sinfónica de Galicia, que dirixe Joan Company, todos eles baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez. A actuación repetirase no programa do ciclo Festiclass, o 5 de marzo, tamén no Pazo da Opera.

Por outra parte, a Sinfónica de Galicia negocia coa discográfica alemá Deutsche Grammophon -que este ano celebra os seus 111 aniversario- a posible publicación en disco da gravación que 'Cecilia Valdés', segundo avanzou, así mesmo, o conxunto orquestral galego.

Te puede interesar