Vicente Araguas dona a Neda un mapa de Domingo Fontán

Vicente Araguas

O colaborador do diario La Región recibiuno dos irmáns Rafael e José González-Robatto, fillos dun home poliédrico na súa sabedoría, o humanista José González Robatto

Desde o 9 de novembro, unha vez restaurado (por Jorge Juan Medín Guyatt), o Concello de Neda (Coruña) conta cun exemplar orixinal da “Carta geométrica de Galicia”, de Domingo Fontán. Neda, a súa Casa da Cultura, únense así a esa dúcia de institucións públicas galegas que contan con semellante xoia.

Aquel traballo de vinte anos dun ilustrado, cal fora Domingo Fontán, quen dera remate ao seu esforzo en 1845, ano da impresión do mapa en París (imprenta Leméciér, a partir dos gravados de Louis Bouffard). Que chega a Neda da man do seu fillo predilecto, e colaborador de este diario, Vicente Araguas, quen o recibiu dos irmáns Rafael e José González-Robatto, fillos dun home poliédrico na súa sabedoría, o humanista José González Robatto, anterior propietario deste exemplar.

Te puede interesar