SAN MARTIÑO 2017

O gran evento deportivo

photo_camera Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, na entrega de premios da carreira de San Martiño 2016.

Ourense volve calzar as zapatillas para disfrutar dun dos eventos que nos definen e nos significan como cidade desde hai 41 anos: a Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

Ourense volve calzar as zapatillas para disfrutar dun dos eventos que nos definen e nos significan como cidade desde hai 41 anos: a Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

Sen dúbida, o evento máis multitudinario da nosa cidade que traspasa o ámbito deportivo para convertirse nunha gran festa. Familias enteiras, pandillas e persoas que viven con intensidade, xa desde a infancia, esta actividade que toma as rúas da cidade nun inmellorable ambiente festivo e de fraternidade.

Por iso, quixera agradecer desde aquí todo o traballo que un evento desta magnitude ten tras de sí: ao Consello Municipal de Deportes, superándose cada ano na organización.

Aos patrocinadores, entre os que destaca o diario La Región, por seguir apoiando e creendo firmemente na San Martiño.

E á Deputación e á Xunta de Galicia, por cooperar activamente co Concello para que toda a cidade disfrute co esforzo e co espíritu de superación dos milleiros de corredores que percorren os seus 10 kilómetros na categoría absoluta, sendo 4,7 km para os escolares e 1.400 metros para os pequerrechiños, os futuros atletas que seguirán inxectando ilusión a esta carreira que ten por diante moitas décadas máis. E fago aquí un apunte dando as grazas aos colexios da cidade por fomentar desde as aulas de Educación Física a participación nesta proba.

Non quixera deixar pasar tampouco o agradecemento aos voluntarios que colaboran para que todo salga perfecto, así como á Policía Local, Protección Civil e Bombeiros que velan para que a seguridade de participantes e espectadores sexa o máis importante.

Só me resta animar á participación nesta gran festa do deporte e da cidade enteira.

Graciñas a todos por facer da Carreira do San Martiño o gran evento deportivo popular de Galicia!

Jesús Vázquez Abad

Alcalde de Ourense

Te puede interesar