Guerra asegura que non hai novidades sobre o novo plan para Barreras

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asegurou que neste momento descoñece que houbese algunha novidade con respecto ao novo plan para o estaleiro de Barreras de Vigo que debe elaborar a propia empresa.

'A novidade é que se di que hai catro investidores dispostos a investir cando a empresa saír do concurso de acredores', indicou nunhas declaracións aos xornalistas.

Insistiu o responsábel de Industria do Goberno da Xunta en que o plan que ten no seu poder do estaleiro é o antigo, 'o que non nos pareceu o máis conveniente', precisou.

Declarou que tivo unha conversa telefónica co responsábel de Barreras en que o informou da reunión de onte, mais 'agora mesmo o que lle podo dicir é que non teño ningunha novidade', insistiu.

'Saben os provedores e os traballadores que a Xunta está especialmente preocupada por este estaleiro, mais tamén saben que o que ten que tomar a iniciativa de presentar o plan é o empresario', concluíu.

Te puede interesar