PP e BNG piden ó Goberno 'unha verdadeira reforma laboral'

Os votos do Grupo Parlamentario Popular uníronse ontea os do BNG para pedir á Xunta que se dirixa ao Goberno central esixindo 'unha verdadeira reforma laboral', que teña como obxectivos prioritarios a creación e a estabilidade no emprego e, en especial, o fomento da contratación indefinida. Pola súa banda, o PSdeG opúxose.
Este é un dos puntos da moción impulsada polo deputado do BNG Henrique Viéitez.

Para iso, defendeu o traspaso íntegro das políticas activas e pasivas de emprego do Servizo Público de Emprego Estatal, así como da Inspección de Traballo, ao tempo que apostou pola creación dun instituto galego de emprego e reclamou 'implicación' á Xunta no fomento da negociación colectiva e no mantemento do emprego.

Te puede interesar