R logra espectro radioeléctrico para despregar redes móviles

O operador galego R logrou espectro radioeléctrico para despregar redes móbiles de nova xeración na Comunidade Autónoma ao conseguir na poxa convocada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio as licenzas necesarias para operar no bloque de 2x10 MHz da banda de 2,6 GHz.
Fontes da empresa informaron de que este logro lle permite continuar co seu obxectivo de achegar as vantaxes das novas tecnoloxías, coa máxima calidade posíbel, a todas as persoas e empresas de Galicia. En concreto, as frecuencias obtidas polo operador galego nesta poxa farán posíbel o desenvolvemento de redes móbiles propias de tecnoloxía LTE (Long Term Evolution), tamén coñecida como 'superbanda larga móbil', idóneas para ofrecer servizos móbiles de cuarta xeración e especialmente preparadas para a transmisión de datos en mobilidade.

Así mesmo, a posesión de espectro radioeléctrico permite continuar a traballar para levar a Sociedade da Información e, en particular, accesos ás novas redes con tecnoloxías móbiles, a zonas de Galicia onde é inviábel facelo mediante solucións fixas.

Desta maneira, a fenda dixital iría remitindo aos poucos e podería comezar unha nova etapa no campo do desenvolvemento tecnolóxico da Comunidade tamén no rural, afirmou a empresa.

Te puede interesar