Pérez Bouza afirma que 'o nacionalismo canaliza o descontento ante un bipartidismo fracasado'

O BNG chama ó voto para dar forza a Galicia en Madrid

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, insistiu na “utilidade” do voto ao nacionalismo galego: “Estamos nunha situación límite que fai aínda máis necesaria a presenza nas Cortes dunha forza como o BNG, que vai defender os intereses da cidadanía de Galiza e de Ourense en Madrid”.
“Durante 30 anos comprobouse que os representantes desta provincia non fixeron absolutamente nada por ela, mentres que cun único senador nesta última lexislatura o BNG conseguiu uns 20 millóns de euros en investimentos tanto para a capital como para as comarcas. Ademais tamén trasladamos ás cámaras todas as inquedanzas e problemáticas que percibimos ou que nos fixo chegar a cidadanía, algo que nunca ocorrera antes”, sinalou.

Nesa mesma liña, o líder do BNG Gillerme Vázquez chamou onte a concentrar o voto “galego e de esquerdas” no BNG como única alternativa con opción real de “dar máis forza” a Galiza en Madrid. “Somos o voto útil en Galiza, duplamente útil. Útil para garantir a voz directa de Galiza en Madrid. Útil para defender as maiorías sociais. Votar BNG é votar por Galiza, é votar pola Democracia, é votar pola xustiza social, é votar polo autogoberno, é votar polo traballo e o salario dignos”, recapitulou. “O 20-N está claro: ou BNG ou PP. Esas son as opcións. E desde logo o voto que máis lle doe ao PP é o voto ao BNG”, considerou. “Ao PP a abstención élle igual. Ao PP resúltalle indiferente o voto nulo. O único que lle preocupa ao PP é que votedes BNG porque epresenta a alternativa real', sentenciou.

Te puede interesar