O cambio climático “é prioridade” da Xunta según Ángeles Vázquez

A vicepresidenta segunda da Xunta, Ángeles Vázquez.
photo_camera A vicepresidenta segunda da Xunta, Ángeles Vázquez.
Ángeles Vázquez, vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, defendeu as políticas medioambientais galegas

Ao Foro La Región de onte asistiu, en representación da Xunta de Galicia, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez. Foi a encargada de abrir a rolda de intervencións na conferencia-xantar. Disculpou a ausencia do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, aínda que trasladou “o seu recoñecemento a este tipo de iniciativas”, en referencia ao Foro, que poñen en valor Galicia “e que contribúen a seguir sendo un referente en distintos eidos”.

Sobre José Luis Blanco Diéguez, observou que o avalan “os méritos da súa carreira profesional”. Definiuno como “un home feito a si mesmo, dunha pequena aldea de Chantada e que agora percorre medio mundo”. E sobre a temática do Foro, dixo que “o cambio climático é unha das grandes prioridades da Xunta”.

Neste senso, resaltou a Estratexia Climática da Xunta, que “a diferenza doutros entes e doutras institucións, queremos que sexa participada, que sexa útil”. Asimesmo, engadiu que “igual que un residuo pode ser unha grande oportunidade”, de acordo coas súas palabras, “esta loita contra o cambio climático tamén é unha das grandes oportunidades” para desenvolver a economía galega.

Vázquez continuou o seu discurso destacando datos como que Galicia, segundo dixo, é a segunda comunidade que máis reduciu as súas emisións e a primeira en secuestro de carbono. “Seguimos apostando polo desenvolvemento sostible, o desenvolvemento eólico”, apuntou.

Así e todo, trátase dun modelo que aposta por unha “planificación ordenada” que garante “o respecto á biodiversidade”, con tramitacións ambientais rigorosas. “Acábanos de dar unha vez máis a razón o Supremo”, comentou Vázquez sobre os problemas xudiciais que afrontan as autorizacións de parques eólicos. En todo caso, a vicepresidenta enunciou a aposta da Xunta por “converter Galicia nunha das capitais europeas das enerxías verdes”.

Te puede interesar