FORO LA REGIÓN

Xosé Díaz: "Só poderemos progresar sendo donos do noso propio destino"

O economista criticou a relación entre Galicia e o Estado, defendendo a necesidad de mudar o modelo de financiamento

A relación económica entre Galiza e o Estado centrou unha nova edición do Foro La Región, protagonizada polo economista Xosé Díaz (Ferrol, 1944), que foi presentado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Na súa intervención, Díaz amosou unha visión moi crítica co actual modelo económico e os investimentos planificados desde Madrid na Comunidade, "que non están pensados para artellar o noso país".

Apoiándose neste argumento, o ferrolán abogou por facer de Galiza unha parte "activa" na relación co Estado, co obxectivo de recuperar os fondos que, tal como explica no seu libro "As contas que nos contan", estanse a perder, que cifra en algo máis de 4.000 millóns de euros. Según Díaz, esta é unha das formas de proceder do Goberno central para demostrar o seu papel protagonista.

"Faise ver que Galiza é incapaz de xerar recursos para manterse, polo que ten que vir o Estado salvador para que poidamos financialas. Temos que abandonar esa idea perversa de que non podemos vivir por nós propios. Non chamo á independencia, pero eu vivin do meu traballo, non a conta de ninguén, somos un país como calquera outro, necesitamos competencias. A partir de aí, este país podería equipararse aoutros do seu tamaño como Dinamarca ou Suiza, só poderemos progresar sendo donos do noso destino", afirmó.Díaz puxo sobre a mesa a diferencia de cuantías entre os créditos e os depósitos dos galegos, "o que significa que o sistema financieiro, con sede en Madrid, está a expulsar os nosos fondos para o resto do Estado".

A modo de resumo, o economista lembrou  que "non somos máis torpes que os demais, o que acontece é froito das relacións políticas. Se algunha nación necesita ter competencias propias para xestionar os seus propios recursos en función dos seus intereses, esa é Galicia. Necesitamos avanzar na soberanía, se acadamos esa capacidade, seremos máis ricos".

Te puede interesar