Unhas 50 persoas concéntranse na Coruña para pedir unha partida orzamentaria para o dragado da ría do Burgo

Medio centenar de persoas concentrouse este luns na Coruña ante a sede da Delegación do Goberno en defensa da Ría do Burgo, e reclamou ao Goberno central prazos e partidas orzamentarias para efectuar o dragado da canle da ría coruñesa.
Así o manifestou, en declaracións ós medios, o patrón maior da Confraría da Coruña, Manuel Cao, despois de entregar unha misiva na Delegación do Goberno en resposta á carta enviada o mes pasado polo goberno Central, na que se anunciaba a intención de efectuar o dragado.

Na misiva, a Plataforma en Defensa da Ría do Burgo esixe ao Goberno de Mariano Rajoy que fixe prazos 'reais', e que nos próximos Orzamentos Xerais do Estado para 2013 dote unha partida orzamentaria para o inicio do plan de rexeneración da ría.

'Os proxectos que pretenden facer de estudos novos sobre a ría non os vemos necesarios porque o que sobran son estudos feitos en anos anteriores', indicou Manuel Cao, quen sinalou que manterán as mobilizacións mentres non se inclúa nos orzamentos a rexeneración da ría do Burgo.

Te puede interesar