O desemprego medra en Galicia en 3.209 persoas en setembro

Imaxe dunha oficina de emprego (Foto: EFE)
O desemprego rexistrado medrou en setembro en Galicia en 3.209 persoas, 1,25 por cento, o que deixa o número de desempregados na Comunidade en 260.733.
Con respecto ao ano anterior, o desemprego subiu en Galicia en 1.360 persoas, 0,52 por cento, de acordo cos datos divulgados hoxe polo Ministerio de Traballo.

Cantabria, cun aumento do desemprego de 5,12 por cento (2.524 persoas), e Baleares, cunha suba de 4,17 por cento (2.898), encabezan a lista das doce comunidades en que subiu o desemprego rexistrado durante o mes de setembro, mentres que descendeu noutras cinco, especialmente en Castela-A Mancha.

Non obstante, en termos absolutos, o maior número de novos desempregados rexistrouse en Cataluña, con 9.253 desempregados máis (1,51%), e en Castela e León, con 5.812 novos desempregados con respecto a agosto (2,55%).

En termos xerais, o desemprego rexistrado aumentou en setembro con respecto ao mes anterior en 25.572 persoas, 0,54%, polo que o total de desempregados se situou en 4.724.355, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Alén de en Cantabria, Baleares, Cataluña e Castela e León, o desemprego subiu en Madrid (3.796 desempregados máis, 0,70%); País Vasco (3.379, 1,95%); Estremadura (3.360, 2,33%); Galicia (3.209, 1,25%); Andalucía (2.973, 0,28%); Asturias (2.363, 2,37%); Murcia (323, 0,21%) e Comunidade Valenciana (229, 0,04%).

Tamén o fixo nas cidades autónomas, onde a evolución do desemprego rexistrado foi de 445 desempregados máis en Melilla e 200 en Ceuta.

No referente ás comunidades en que descendeu o desemprego, destaca Castela-A Mancha, con 12.040 persoas rexistradas menos (4,80%), seguida da Rioxa, con 600 desempregados menos (2,26%); Canarias, con 2009 desempregados menos (0,70%); Navarra, 318 desempregados menos (0,63%) e Aragón, 225 desempregados menos (0,20%).

Nos últimos doce meses, o desemprego baixou en seis comunidades autónomas: Baleares (6,80%), Cataluña (1,83%), Canarias (1,64%), Comunidade Valenciana (0,90%), Andalucía (0,54%) e Castela-A Mancha, cun descenso de 0,27 por cento.

------ DESEMPREGO---- Dif.agosto-------Dif.anual--


CC.AA setembro Abs. Rel. Abs. Rel.


-------------------------------


ANDALUCÍA 1.049.456 2.973 0,28 -5.653 -0,54


ARAGÓN 110.268 -225 -0,20 3.438 3,22


ASTURIAS 101.922 2.363 2,37 2.787 2,81


BALEARES 72.398 2.898 4,17 -5.279 -6,80


CANARIAS 284.072 -2009 -0,70 -4.741 -1,64


CANTABRIA 51.865 2.524 5,12 1.024 2,01


C.AMANCHA 238.590 -12.040 -4,80 -645 -0,27


C.E LEÓN 233.799 5.812 2,55 8.814 3,92


CATALUÑA 620.911 9.253 1,51 -11.546 -1,83


C.VALENCIANA 573.715 229 0,04 -5.192 -0,90


ESTREMADURA 147.693 3.360 2,33 6.167 4,36


GALICIA 260.733 3.209 1,25 1.360 0,52


MADRID 547.701 3.796 0,70 11.244 2,10


MURCIA 151.475 323 0,21 1.906 1,27


NAVARRA 50.407 -318 -0,63 730 1,47


P.VASCO 176.486 3.379 1,95 12.347 7,52


A RIOXA 25.915 -600 -2,26 938 3,76


CEUTA 13.236 200 1,53 344 2,67


MELILLA 13.713 445 3,35 1.033 8,15


==============================================================


TOTAL 4.724.355 25.572 0,54 19.076 0,41

Te puede interesar