EU esíxelle ao voceiro do PP axustarse á legalidade na defensa da lingua

O partido EU en Ferrol esixiulle esta mañá ao voceiro do PPdeG, José Manuel Vilariño, que 'se axuste á legalidade na defensa do galego'.

'Hai que cumprir e facer cumprir as disposicións en materia de normalización lingüística aprobadas por todas as corporacións democráticas ata agora', sinalou a voceira de EU, Yolanda Díaz.

Desta maneira, EU quixo denunciar a posición do voceiro municipal do PPdeG ao que acusou de soster postulados 'contrarios ao proceso de normalización lingüística'.

EU pediulle ao PPdeG 'que non se sume aos coros interesados da ultradereita que intentan romper consensos democráticos e construír unha guerra cultural'.

Te puede interesar