Un falecido e unha ferida grave ao sairse da vía un turismo na A-52 en Taboadela (Ourense)

Un home de 47 anos faleceu e unha muller de 81 resultou ferida grave tras sairse da vía o turismo no que viaxaban na autovía A-52 no municipio de Taboadela (Ourense).
A Garda Civil de Tráfico informou de que o sinistro tivo lugar sobre as 10.15 horas no punto quilométrico 214,200 da A-52 sentido Vigo a sairse da vía o turismo, envorcar e chocar contra o piar dunha ponte.

O 112 mobilizou o 061, que desprazou un médico e unha ambulancia; aos Bombeiros de Ourense, que acudiron cun equipo de excarceración; e ao helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Tráfico sinalou que no accidente faleceu o condutor do vehículo sinistrado, un varón de 47 anos veciño de Viana do Bolo, mentres que o seu acompañante, unha muller de 81 anos, resultou ferida grave.

As mesmas fontes precisaron que ambas as dúas persoas facían uso do cinto de seguridade e engadiron que tanto o corpo do falecido como a ferida foron trasladados ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU).

Te puede interesar