Feijóo asegura que a Xunta 'non parará até que se agraven as penas'

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a Administración autonómica 'non vai parar até que se agraven as penas' contra os pirómanos.

Ademais, valorou a detención dun pastor de nacionalidade romanesa pola súa presunta vinculación co incendio ocorrido en Castrelo do Val, no que no pasado martes faleceu un brigadista cando traballaba en labores de extinción de incendios.

'Haberá que valorar a intencionalidade ou a neglixencia, mais pensabamos que era un incendio provocado e agora hai un detido con indicios racionais da autoría dese lume', agregou nunhas declaracións realizadas en Betanzos, onde hoxe visitou a nova escola infantil.

Ao respecto, o xefe do Executivo galego agradeceu o traballo dos corpos e forzas de seguridade do Estafo, e lembrou que no que vai de ano foron detidas máis de 50 persoas.

O presidente da Xunta advertiu de que Galicia vive unha das peores secas dos últimos 50 anos polo que pediu que 'se extremen as medidas' para evitar incendios.

Por último, garantiu que os pirómanos 'van ser detidos, xulgados e condenados'.

Te puede interesar