TRÁFICO

Morre un motorista en Pontevedra

Segundo informa o CAE 112 Galicia, o sinistro produciuse na N-550, na entrada da parroquia de Arcade.

Un home faleceu a última hora da tarde do venres tras sairse da estrada coa súa motocicleta na localidade de Soutomaior (Pontevedra).

Segundo informa o CAE 112 Galicia, o sinistro produciuse na N-550, na entrada da parroquia de Arcade. Ás 20.40 horas, un particular alertou ao servizo de Emerxencias para pedir axuda, advertindo de que o condutor estaba inconsciente e posiblemente falecido.

Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Urxencias Médicas, que confirmaron o falecemento pouco despois.

Por outro lado, os Bombeiros do Salnés rescataron unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo tras sufrir un accidente á saída do hospital comarcal, en dirección á vía de circunvalación. O sinistro rexistrouse sobre as 06.00 horas.

Te puede interesar