Un mozo resulta ferido nun choque en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e tres leves nun accidente en Viveiro (Lugo)

Un mozo de 33 anos resultou hoxe ferido debido á colisión de dous vehículos en Vilanova de Arousa (Pontevedra), mentres que tres persoas, unha muller e dous menores, sufriron feridas leves nun choque en Viveiro (Lugo).
As 8.22 horas o 112 foi alertado dun accidente de tráfico en Vilanova de Arousa (Pontevedra), na ponte que vai cara á localidade, na que unha persoa resultou ferida.

O 112 deu aviso á Policía Local e Protección Civil de Vilanova. Pola súa banda, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial para atender ao ferido.

Fontes sanitarias indicaron que o mozo ferido, V.M.C.D., de 33 anos, estaba consciente e foi trasladado na ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés.

Así mesmo, sobre as 00.40 horas rexistrouse un choque entre dous vehículos na Travesía da Marina no termo municipal de Viveiro. O 112 alertou o 061 e Policía Local.

A colisión saldouse con tres feridos leves, segundo precisaron fontes sanitarias. O 061 mobilizou unha ambulancia asistencial que levou ao Punto de Atención Continuada da zona a unha muller de 28 anos, C.P.G.O., e dous menores.

Te puede interesar