Novo servizo xurídico 'online' para mulleres maltratadas

A Secretaría Xeral de Igualdade pon en marcha un servizo de asesoramento xurídico 'online' a través do que se ofrecerá información 'personalizada e gratuíta' ás usuarias, mulleres e vítimas de violencia de xénero. O departamento autonómico precisou que o obxectivo desta iniciativa é 'facilitar ás mulleres o coñecemento dos seus dereitos e axudalos así a que adopten as decisións máis axeitadas en cada momento'.
Xustificou a iniciativa en que 'son numerosos os casos de mulleres inmersas en ámbitos de violencia de xénero que descoñecen os dereitos que lles asisten', tales como a interposición dunha denuncia ou que 'unha correcta exposición dos feitos e dos fundamentos de dereito ao longo de todo o proceso son determinantes para unha resposta xudicial máis efectiva'.

Te puede interesar