A Rede Natura recibirá 20,8 millóns do Goberno central

O Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño (MARM) investirá 20,8 millóns de euros en obras en diversos espazos naturais protexidos da Rede Natura 2000 en Galicia. Así, o MARM destinará máis da metade do orzamento a dezasete proxectos destinados a dotar de infraestruturas e equipamentos espazos protexidos. Así mesmo, realizaranse convenios para a custodia do territorio na Limia, procederase á sinalización da Rede Natura 2000 e á eliminación de especies exóticas invasoras en Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) da Coruña, Lugo e Ourense.
Os investimentos levaranse a cabo até 2013 dentro do convenio coa Xunta relativo á conservación na Rede Natura.

Te puede interesar