Os socialistas critican a Feijóo por descansar con tanto paro

O voceiro parlamentario do PSdeG, Abel Losada, criticou onte que o presidente da Xunta, Alberto Núñez, estea 'de vacacións' mentres o paro aumenta na comunidade dun modo 'escandaloso' e aos galegos se lles restrinxen 430 fármacos en virtude do catálogo priorizado.
Na primeira rolda de prensa tras asumir o cargo en substitución de Leiceaga, o dirixente socialista resumiu así os feitos máis importantes para Galicia dende o comezo de 2011, coa entrada en vigor do catálogo priorizado e coa publicación dos datos de desemprego de decembro de 2010.

Ademais, segundo apuntou, esta autonomía é 'a segunda' na que máis creceu o paro en decembro e 'a cuarta' onde máis subiu ao longo de 2010.

Todo iso, incidiu, nun 'contexto, a priori, favorable para Galicia', dada a disminución da súa dependencia do sector inmobiliario e polo denominado 'efecto Xacobeo', polo cal aumentaría o emprego no sector servizos. 'Pero Galicia perdeu o diferencial positivo que claramente tiña', sentenciou.

Te puede interesar