Xuventudes Socialistas recollen sinaturas para pedir a dimisión do alcalde de Santiago

Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela iniciou unha recollida de sinaturas para pedir ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a dimisión do alcalde compostelano, Gerardo Conde Roa, tras a querela polo penal por unha presunta fraude á Facenda pública por valor de 291.000 euros.
A través dun comunicado, a secretaria xeral de Organización, Noemi Fernández, mostrou a súa preocupación pola imaxe 'negativa' que se está a transmitir da capital galega nos últimos días. Así, afirma que 'unha persoa que non cumpre cos seus deberes como cidadán non pode xestionar a cidade'.

Os novos socialistas compostelanos sinalan que as explicacións facilitadas polo rexedor compostelano ata o momento 'só aclaran que usou diñeiro de todos os cidadáns para pagar as súas débedas'. 'Non podemos permitir que Conde Roa siga exercendo o seu cargo como alcalde cando a súa honradez está sendo cuestionada', remachou.

Te puede interesar