Cuatro tiempos 19/04/2010

Os primeiros cincuenta anos

Hace 25 años... Los beneficios de la Vuelta

Hace 50 años... Final de campaña con derrota

Hace 75 años... Alambres y bastones prohibidos

(1) ¿Qué cumpro 50 anos? Mi madriña! Os que traballamos con rapaces pensamos estar vacinados contra o paso do tempo por medir a vida por cursos que non por anos. Pero non. Cincuenta.
Imos cos primeiros cincuenta. Un privilexio, meus señores. Ao principio, na barriga da mamá era todo bucear nun medio laranxa, viscoso e chupar o dedo, pero ¿non será isto unha confusión cun documental da tele? Son da primeira xeración da tele. Pero como estaba nacendo -nin UHF había- non era aínda tóxica e a perrita Marilín e Locomotoro non nos ataban demasiado. Andabamos bastante nunha rúa sen perigos, máis alá de esfolar constantemente as rodillas ou ter un chichote na cabeza. Carros de bolas pola Avda. da Habana abaixo. Caza de cágados na vía que logo fervíamos vivos -póñense encarnados, pobriños- en latas de sardiñas no solar da Casa de Chocolate. Alí fósiles de fentos entre os restos do carbón mal queimado das calefaccións. Incursións no túnel. Moedas de peseta postas na vía ao paso do tren: -Hasta que Franco eche la lengua-, diciamos sen malicia. Dez caramelos por esa peseta no mostrador de mármore do Sixto, na esquina de Samuel Eiján, cando iamos no recreo desde o Curros Enríquez de don Magín, don Lino, don Claudio. O solar da Casa de Chocolate. Alí caín do alto dunha escaleira de Fenosa e case me mato. Pero a que morreu daquela foi Mamá Remedios, a bisavoa de Cudeiro que nos facía torradas coa nata do leite da leiteira. Mmmm. Catecismo en Santo Domingo. Primeira comuñón. Unha Kodak instamatic! Viaxe coa tuna de Santo Domingo en 1973 a Alemaña. Reme, guapa, unha alegría de vivir. Pasme da tele en color. Pasme dos quioscos con revistas de chicas en bolas. Inglés con Mari Clara Silva. Viaxe a Exeter 1974. Instituto avolto na transición. Profes vellos, o Sanmartín, o Albendea; outros novos, a Castro, o Albino, o Barral, a Loli, a Boan. A celulosa. Manifestacións. Compromiso. Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA). Cambiar o mundo. O Tucho. Violeta. Elefas. O Parque de San Lázaro. O Alaska, segunda casa. Os concertos da Compañía Eléctrica Dharma, de Barón Rojo no Pavillón. A folga da madeira. Mitins das primeiras eleccións. Tierno, Felipe, Fraga, Carrillo. O Colexio Universitario. O Ceyma. A relación co Museo. Sierra. Paco Fariña. As excavacións aquí e alá. Castromao, Oirós, A Lanzada, Amarante, Valcamónica. Susi Mancini. E anche un pò d'italiano. A curiosa excursión fin de curso 1977: unha volta a Galicia. Belén con pelo rizo en Lugo. A Universidade. Santiago. O Burgo. Acougos e desacougos. O 23 F. O traballo. Profe nos Salesianos. Boa xente. Alumnas de 19 eu de 23. Glup. Logo Carballeira, Carballiño, Celanova, a Laboral, as Lagoas... e voda en 1987. Belén, ao fin. Logo Arxentina e América. E chegan as nenas. E a hipoteca. E medran elas. E baixa ela. O Arquivo Sonoro. O Consello. O Clube Alexandre Bóveda. Marcos Valcárcel, meu amigo, pobre. E Benito da Casa da Xuventude, forza, meu. O fervedoiro de actividade. A escrita nos xornais. Ourense peonalizado, Ourense mirando aos ríos grandes e pequenos. Un Ourense ben comunicado, vivo, con boa onda, que recupera o Casco Vello. Si, un pracer. Se tivese que escoller un sitio para nacer, aquí mesmo, meus señores.

(Afonso Vázquez-Monxardín, 2010)

Hace 25 años... Los beneficios de la Vuelta

-La llegada de la Vuelta Ciclista a España ya ha traído 'beneficios' para Orense, al mejorarse en un tiempo récord, apenas 24 horas, el asfalto de la calle José Antonio y de la Avenida de Curros Enríquez hasta su cruce con la de La Habana.

-La joven cantautora orensana Mar Puertas ofrece un recital en el Liceo, que ha sido muy aplaudido.

-El grupo teatral 'Sarabela' se presenta en la 'Muestra de Teatro Juvenil' de Orense con la obra de Fernando Arrabal 'El triciclo', bajo la dirección de Ángeles Cuña y la colaboración en la puesta en escena del escultor Ignacio Vasallo y el diseñador Antonio Outeiriño.

-El fotógrafo orensano Plácido López Rodríguez, natural de Gomesende, es seleccionado para participar en las exposiciones internacionales que el Círculo de Bellas Artes de Madrid organizará en la capital el próximo mes de mayo.

Hace 50 años... Final de campaña con derrota

-(1) Nacieron en Orense: María Fernández Fortes, Francisco Rodríguez Fernández, José Álvarez Paradela, Santiago Vázquez Carballo, José Álvarez Costa, Alfonso Vázquez-Monjardín Fernández, Julio Cardero Tabarés y Camilo Tato Nóvoa.

-En Orense fue bautizado el cuarto de los hijos del empleado de la casa de 'Recaredo Romero' de Verín, don José Álvarez y esposa doña Carmen Soto. El niño recibió el nombre de José.

-El cadáver de Antonio Rodríguez Casasnovas, vecino de Ribadavia, de 53 años, aparece flotando en aguas del río Miño cerca de Prado (Castrelo de Miño). El fallecido se había arrojado al río en las inmediaciones del Puente Viejo el pasado día 21 de marzo, hace ya casi un mes.

-El Orense cierra una brillante campaña con una derrota ante el Condal por 5-1, finalizando tercero de su grupo de Segunda División.

Hace 75 años... Alambres y bastones prohibidos

-Llega a Cádiz un trasatlántico yugoslavo con 350 turistas en un viaje organizado en favor del acercamiento intelectual y económico entre España y aquel país. Visitarán Sevilla.

-Un muerto y varios heridos en Zaragoza por la explosión de una bomba.

-Se crea la sección de Montañismo y excursionismo de la Sociedad Deportiva Fluvial Orensana. La directiva la integran los siguientes señores: Marcial Domínguez, Mariano Reverter y Antonio Rodríguez.

-El Gobierno Civil de la provincia informa que en un registro realizado en la sede social de Falange Española en esta ciudsad, se encontró un alambre de cobre, cuya tenencia está prohibida. Se le puso una multa de 250 pesetas. También fue multado Rafael Ocho Carrasco, por tener un bastón, con hierro en el interior para defensa, cuya posesión está prohibida.

Te puede interesar