Rabo de nube

As vacacións de Teresa

Ordesa_result

Un libro que ten como cerne a vila de Broto, con excursións a Jaca, Aínsa, Ordesa, San Juan de la Peña, etcétera.  Este libro serve como vademecum ou guía de viaxes máis feito desde dentro

Supoño que no país dos esquezos poucos lembrarán a Teresa Pamies, e se o fan será sobre todo como nai de Sergi Pamies, narrador moi potente da penúltima fornada (isto vai a fume de carozo).

E non obstante a coautora de Testament a Praga ben mererece ser lembrada, como escritora ou –simplemente- polos seus avatares vitais que a levaron moi cedo a un exilio, viaxeiro por definición e, ademais, moi viaxado.

Xa desde os tempos da nosa Guerra Civil cando aquela moza (nacera en 1919) marchara aos EE. UU. apoiar a causa republicana.

Pois ben, en 1978 Teresa Pamies marchara de vacacións ao Pirineo oscense, e pois que os letraferidos xamais deixan de man a pluma (ou o que sirva para escribir), e semellante lecer fora para ela muda de fátiga, provocando un libro, crónica de viaxes, en catalán que vería primeira luz en 1979.

O que en traducción da propia autora, póstuma poisque Terea finou en 2014, aparece agora en edición pulquérrima.

Un libro que ten como cerne a vila de Broto, con excursións, mellor diríamos incursions, que non é o mesmo aínda que o semelle ás veces, a Jaca, Aínsa, Ordesa, San Juan de la Peña, etc. Consecuentemente este libro sirve como “vademécum” ou guía de viaxes mais feito desde “dentro”.

Porque, un pouco ao xeito do Cela andarín, Sergi Pamies fala no prólogo de Pla ou Delibes, eu engado ao de Iria Flavia, tan grande, a autora pon a sua atención en paisaxe e paisnaaxe, como dicía o outro.

De maneira que este libro vale tamén como apunte socioloxico, daquela España preautonómica, na que mesmo sae un auto con pegatinas de cinco ou seis bandeiras autonómicas. E pintadas antagónicas Aragon/ Cataluña.

Tempo aquel, corenta anos atrás e semella que foi onte, que non preludiaba o que estamos a vivir hoxe. En fin. O conto é que Teresa Pamies foi quen de reflectilo, tamén dunha dicotomía, tan lonxano, entre catolicismo (o do mosén-poeta da vila) e a propia Teresa Pamies

. Escritora entre o realismo e un certo costumismo, que non soamente non perxudica ao libro senón que lle dá un valor engadido. Un libro moi desfrutable para os parciais da literatura de viaxes, escrita con talento e un estilo eficaz e elegante. Que deberá levarnos a outros libros de Teresa Pamies. E -de paso- aos de Sergi.

Te puede interesar