LA REVISTA

Diarios de Thomas Merton

tho
photo_camera El libro "Ocultarse en una hoguera".

Thomas Merton, de vida rachada cedo, logo dun accidente doméstico en Bangkok (en 1968, nacera en 1915), influirá grandemente a poetas como Ernesto Cardenal, non soamente polo que deixou dito, senón na súa maneira.

Nos anos sesenta, cando o nacional-catolicismo daba paso a maneiras menos severas de exercer unha crenzas moi extendidas na nosa sociedade (tamén na literaria), houbera escritores, maiormente poetas, como José María Valverde ou María Elvira Lacaci, esta última ferrolá, hoxe total e inxustamente esquecida, que se chamaron da poesía daquel místico, nado en Francia, profeso na mítica badía americana de Gethsemani. Merton, de vida rachada cedo, logo dun accidente doméstico en Bangkok (en 1968, nacera en 1915), influirá grandemente a poetas como Ernesto Cardenal, non soamente polo que deixou dito, senón na súa maneira. Un concepto místico para xeitos deliberadamente profanos e aínda eremitas.

Un pouco ao Thoreau, Merton optara por unha certa vida de anacoreta dentro do mosteiro no que habitaba, o que non impediu que exercitara outra caste de amores, decididamente terreais. Isto e outras cousas do máis sabedoras poden atoparse nesta edición belisima de Eurisaces, cada vez máis potentes na procura da fermosura, tenra e convulsa, como o pan, como a masa que laboraba aquel panadeiro romano que denomina esta editora de Chandrexa de Queixa. Unha edición esta na que Ramón Cao Martínez fai por glosar os diarios de Thomas Merton, verdadeiro depoimento dun tempo, dunha época, dominados pola crueldade totalitaria que desembocaría na II Guerra Mundial, que levou por diante ao irmán piloto de Merton, Jean Paul, a quen cantaría en “Doce irmán, nas horas que non durmo…”  

Dura, moi dura a vida familiar de Merton, orfo axiña, en mans de familiares, primeiro, logo das ordes eclesiásticas nas que faría profesión e vida. Por aí os tiros, pacíficos, místicos, deste autor cabalmente glosado e estudiado por Cao Martñinez, nado en Baracaldo, en 1944, especialista en Fray Luis de León, Valle, Borges, Paz. Luz sobre luz, reflectíndose no espello dunha editora impecable, que tanto e tan ben anda a nos proporcionar lectura como pan tenro, envolvida nun papel de seda, por definición, suavísimo. Merton merece voltar a esa primeira liña da actualidade. Libros como este non deberan errar nos seus obxectivos. Libros tan ben construidos, acompañados dun aparato crítico impecable.

Te puede interesar