A muñeira pode ser sexy

Caamaño & Ameixeiras
photo_camera Caamaño & Ameixeiras
Para achegar novas sonoridades ao folclore ibérico e celta tradicional, o dúo galego Caamaño & Ameixeiras presenta “A pequeña morte”, adianto do traballo sucesor de “Aire!”

Baixo a premisa de que unha muñeira pode ser e soar sexy, o dúo Caamaño & Ameixeiras presenta a transgresora “A pequena morte”, unha canción coa que se introducen na música tradicional pero cunha mirada atrevida e pícara.

Trátase dun adianto do que será o segundo álbum das mozas Sabela Caamaño (Oza dos Ríos) e Antía Ameixeiras (Costa da Morte), despois de “Aire!”, Premio Martín Códax da Música 2021 e traballo fundamental para entender o novo folclore ibérico e no que, armadas únicamente de violín, acordeón e voz, convertéronse nunha das claves fundamentais do renacer do folclore galego e celta.

Coa produción artística de Hevi, produtor tamén de Novidades Carminha, Néboa, Ortiga ou Grande Amore, dan un volantazo ao seu son, para achegar ao xa característico folclore celta a virulencia de sonoridades máis frontais e de músicas que se saen da tradicionalidad.

Considéranse hacedoras dun novo folclore ibérico?

Cremos que estamos a vivir un momento marabilloso de florecemento da música tradicional e de raíz. Hai moita xente e moitos grupos que están cambiando as cousas, que están facendo proxectos moi fermosos, interesantes e de calidade con base na tradición. Gústanos saber que hai xente que nos inclúe e que pensa que somos parte deste cambio.

Como e por que xurdiu a idea de facer “A pequena morte”?

”A pequena morte” xurdiu, en primeiro lugar, do traballo de investigación que fixemos durante meses para preparar o novo traballo discográfico. A base musical está extraída dun tema tradicional de Balboa recollido no cancioneiro de Dorothé Schubarth. Tivemos un frechazo con esta melodía e co poder da muller que o cantaba e, a partir de aí, fixemos o arranxo musical. Deseguido inspirounos algo sensual e suxerente, e a maxia de Alba María e da súa letra puxo o resto.

Aínda que hoxe parece haber algo máis de sitio para a muller na música, cal é o voso teito de cristal?

A verdade é que sentímonos en xeral moi libres e moi respectadas como músicas. Se ben é certo que a cuestión de xénero aínda segue presente no mundo da música, xa que, por exemplo, a porcentaxe de mulleres e de homes programadas nos festivais dista moito de ser a mesma, tamén o é que cada vez hai máis xente traballando para que isto cambie, e para dotar ás mulleres dun espazo de expresión e creación que antes non tiñamos. Así que consideramos que é preciso seguir a traballar nesta liña, a de visibilizar ás mulleres enriba dos escenarios e a de dotar de referentes femininos ás nenas do país.

Te puede interesar