MONTERREI

FOTONOTICIA

Cea dos socialistas de Verín con Caballero e Villarino

O bar A Fonte foi o escollido pola familia dos socialistas de Verín para cear cos seus líderes Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdG-PSOE autonómico, e Rafael Villarino, secretario provincial. De seguro festexaron o éxito augurado pola enquisa deste xornal, na que rozaban a maioría absoluta. Tamén estivo o actual subdelegado do Goberno González Afonso e o alcalde Gerardo Seoane, entre outros.n

Cea dos socialistas de Verín con Caballero e Villarino