MÚSICA E CULTURA

Presentado o cartel da nova edición do festival de Riós “Latexos do Rural”

Fillas de Cassandra.
photo_camera Fillas de Cassandra.
A Asociación Cultural da Castaña presentou o cartel da XVII edición do festival que organiza no concello de Riós, “Latexos do Rural”

Este ano terá lugar entre os días 18 e 19 de maio. Encabezando o cartaz aparece o dúo vigués “Fillas de Cassandra”, que ofrecerá ao público un concerto en acústico.

Ademais levarase a cabo a coñecida como Ruta do Talento, un roteiro composto por castiñeiros centenarios que apadriñan persoeiros da cultura galega, e que este ano servirá como homenaxe á muller creativa que se inspira no rural.

Nesta edición participarán na mesma Paula Carballeira (Premio Nacional de Narrativa), Yolanda Castaño (Premio Nacional de Poesía), Jaione Camborda (Concha de Ouro do Festival de San Sebastián 2023), Begoña Vázquez (Mellor Chef galega 2024), Carla Rivas (nominada ao Mestre Mateo 2024) e Silvia Cerneira (voz n’A Banda de Balbina).

Te puede interesar