SERVIZOS SOCIAIS

Aberta a bolsa de emprego para a axuda no fogar de Monterrei

Fachada do Concello de Monterrei.
photo_camera Fachada do Concello de Monterrei.
O Concello de Monterrei vén de abrir o prazo de inscripción da súa bolsa de emprego do servizo de axuda no fogar.

Dende a localidade vense na obriga de crear esta bolsa por mor das vacacións, renuncias, baixas médicas e outras necesidades do persoal deste servizo en Monterrei, polo que buscan cubrir as necesidades dos usuarios da axuda no seu domicilio.

O prazo e os requisitos para aspirar ás prazas pódense atopar na páxina web do concello. Os aspirantes deberán estar en posesión, como mínimo, dun título ou certificado que os acredite como profesionais en atención sociosanitaria, coidados auxiliares de enfermerías ou en atención a persoas en situación de dependencia.

Ademais, as persoas interesadas deberán acreditar coñecemento da lingua galega, ben mediante a aportación do CELGA 2, ou superando unha proba oral da mesma

Te puede interesar