SINDICATO

CIG e concello verinense pechan “dez anos de crise"

Segundo confirma o sindicato CIG, o grupo de goberno e as diferentes centrais sindicais alcanzaron "dous significativos pactos para os traballadores".

O sindicato nacionalista CIG ven de facer público un comunicado no que se congratula polo acordo alcanzado co grupo de goberno do Concello de Verín que pon fin, segundo di o seu voceiro Manoel Anxo García Torres, "a dez anos de desavinzas, sentenzas xudiciais e bloqueos da negociación colectiva, logo de aprobar dous acordos colectivos que, de certo, han de ser fundamentais pra normalización das relacións laborais na institución local verinesa", apunta García Torres. 

Segundo confirma o sindicato CIG, o grupo de goberno e as diferentes centrais sindicais alcanzaron "dous significativos pactos para os traballadores".

O primeiro ten que ver coa retirada dun complemento variable na Policía Local pola súa prestación nocturna por un complemento específico e consolidable, "algo que afianzará o funcionamento do servizo nocturno da policía local na vila", sinala García. 

NOVA RELACIÓN DE POSTOS

Por outra banda, tamén se acordou suscribir o convenio para regular a actualización da relación dos postos de traballo e a renovación do convenio colectivo para o personal laboral, o acordo regulador para o personal funcionario e as bases de contratación do Concello de Verín. Nesas basesp, destaca a homologación do persoal laboral co persoal funcionario do Concello de Verín ou a creación dunha comisión de control da contratación do persoal do consistorio, "garantindo o principio de igualdade.

Te puede interesar