MONTERREI

Un curso afonda na historia da orde Mercedaria en Monterrei

As cornadas tendrán lugar os vindeiros 29 e 30 de xuño

Concello de Monterrei e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (Uned) organizarán os vindeiros 29 e 30 de xuño un curso de extensión universitaria que afondará na historia da orde dos Mercedarios na comarca. A actividade formativa constará de 10,00 horas e  estará dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, profesor doutor Jesús de Juana, e contará coa participación de Francisco Javier Pérez Rodríguez, profesor doutor de Historia Medieval da Universidade de Vigo; María Jesús Fontela Fernández, doutora en Filoloxía Hispánica, e o pai Mario Alonso Aguado, director da revista da Orde da Merced Caminos de Liberación.

Tamén intervirá o pai Enrique Mora González, doutor en Historia Eclesiástica. Terá lugar nas instalacións do Parador de Verín e as inscricións aínda están abertas.

Te puede interesar