A Dóce Carola, mellor stand da Feira do Lázaro

Los premiados, con el alcalde de Verín, en el stand de A Doce Carola.
A Dóce Carola resultou elexido o mellor stand da edición deste ano da Feira do Lázaro e recibiu onte un diploma acreditativo de mans do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán; a concelleira Luisa Valladares; a pintora Manuela Sánchez e o director do Parador de Verín, David Lorenzo; así como unha noite en réxime de aloxamento e almorzo, para dúas persoas, no Parador de Turismo de Puebla de Sanabria .
Nesta edición da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico Vila de Verín participaron un total de 67 stands, procedentes de varios puntos da xeografía española e Portugal, que ofertaron a veciños e visitantes artigos confeccionados en pel ou madeira, licores, queixos, aceites, doces artesanais, produtos de fumeiro, xoguetes, xabóns artesanais, encaixe de bolillos, pintura ou bisutería, entroutros.

O concelleiro de Cultura de Verín, Víctor Manuel Baladrón, destacou 'a grande participación da xente nos actos programados' e incidiu en que 'a asistencia ós stands deixa clara a necesidade dunha feira sectorial na vila'.

Te puede interesar