MONTERREI

Feces acolle un seminario sobre "As idades da auga"

Inclúe desde obradoiros ata visitas por rutas termais ou actividades e experiencias como baños termais nun balneario pedagóxico.

A Sede da Eurocidade Chaves-Verín acolleu no día de onte a presentación do workshop “As idades da auga: as augas construtoras de paisaxes”, esto é, un seminario internacional organizado pola Escola galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Deputación de Ourense e a Eurocidade Chaves-Verín, que terá lugar  entre os días 3 e 7 de abril. Na presentación participaron o presidente da fundación, Enrique Sáez; a deputada provincial delegada de termalismo de Ourense, Ana Villarino; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; o presidente da Cámara de Chaves, Antonio Cândido Monteiro, e o encargado de coordinar o seminario, Mario Crecente. O obxectivo deste ciclo é o de divulgar o territorio e os recursos do lugar; incorporar o termalismo e a paisaxe como obxectos de investigación e formular propostas que sirvan como base para a xestión e ordenación territorial de Verín – Chaves.

O seminario inclúe desde obradoiros ata visitas por rutas termais ou actividades e experiencias como baños termais nun balneario pedagóxico.

Te puede interesar