ANIVERSARIO

Femuro clausurou en Verín os actos do seu vinte aniversario

Esta agrupación aglutina a 68 asociacións da provincia que traballan activamente a prol da igualdade real e efectiva das mulleres rurais

Verín acolleu o acto de clausura do vinte aniversario da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), ao que asistiu a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella. Esta agrupación aglutina a 68 asociacións da provincia que traballan activamente a prol da igualdade real e efectiva das mulleres rurais. 

A responsable autonómica subliñou o compromiso do Goberno galego para "visibilizar a importancia das achegas das mulleres rurais e conseguir o recoñecemento social, económico e institucional que merecen, priorizando áreas de actuación para acadar a igualdade entre mulleres e homes do rural galego". 

Segundo indicou a titular de igualdade, dende a Xunta lévase anos apoiando á Federación nos programas que presentan tanto para o fomento do asociacionismo e participación das mulleres como para entidades de iniciativa social. Neste senso, dende o ano 2009 recibiron preto de 300.000 euros para levalos a cabo.

Te puede interesar