Os/as menores gozarán cunha disco móbil con música de Nadal, animación, baile, photocall, e cando cheguen ás 12,00 horas terán lugar as badaladas para despedir o ano 2016.
Hoxe sábado, 31 de decembro, a partir das 10,00 horas, os nenos e nenas de Verín poderán despedir o ano celebrando un divertido Cotillón Infantil no Pavillón Municipal de Deportes. Os/as menores gozarán cunha disco móbil con música de Nadal, animación, baile, photocall, e cando cheguen ás 12,00 horas terán lugar as badaladas para despedir o ano 2016.
O Cotillón Infantil enmárcase dentro das actividades do Ludonadal, organizadas polo Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín dende o luns 21 de decembro e ata o 5 de xaneiro, destinadas a estas datas e dirixidas a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, co obxecto de promocionar o comercio tradicional na localidade e facilitar a conciliación.