A mellora do entorno da Igrexa de San Xoán en Laza executarase por 232.000 euros

IGLESIA DE LAZA
photo_camera Entorno da Igrexa de San Xoán de Laza. (Foto: C. C.).
A Xunta de Galicia vén de licitar esta actuación de mellora

A Xunta de Galicia vén de licitar a obra destinada ao acondicionamento da contorna da Igrexa de San Xoán de Laza, tal e como recolle o convenio asinado no mes de marzo entre a Administración autonómica e o Concello. Unha licitación que se efectuou por más de 232.000 euros. 

Cun prazo de execución previsto de tres meses, esta obra consistirá na mellora do acceso á praza na que se atopa a igrexa, na creación de espazos para peóns e zonas verdes, na impermeabilización do centro de emerxencias municipal e na habilitación dun espazo público na planta superior deste edificio, que ademais se atopa en pleno itinerario do Camiño de Santiago, concretamente na Vía da Prata. 

Así, esta actuación urbanística proxectada na zona terá un impacto positivo sobre a imaxe que se levan os peregrinos ao seu paso por este municipio ourensá.

Te puede interesar