TRÁFICO

A ORA estará operativa en oito rúas de Verín

img_20170102_190309_result
photo_camera Daniel Diéguez toma posesión da acta de concelleiro.

O concello aprobou a nova ordenanza reguladora deste servizo que estará controlado pola policía local de Verín

O Concello de Verín reimplantará a ORA en oito rúas, a petición dos comerciantes, para estimular a rotación do aparcamento nas zonas de servicios. Non haberá concesión, e será a propia Policía Local a que controle o cumplimento dos horarios. Así o aprobou onte no pleno do Concello celebrado ás sete da tarde cos votos a favor de PSOE e BNG, mientras que o PP votou en contra. 

O inicio da sesión tomou posesión oficialmente o novo concelleiro do Partido Popular, Daniel Diéguez Diéguez, que sustitúe no seu escano ao edil Castor Gago. Na sesión aprobouse a modificación da Ordenanza Reguladora da ORA, destinada a propiciar a rotación do tráfico en oito das rúas máis comerciais da vila, a petición do propio sector. Trátase das avenidas Luis Espada e de Portugal, e as rúas Deputación, Laureano Peláez, José Santamarina, Irmáns Moreno, Galicia e parque da Alameda. 

Na explicación da renovación da ordenanza, que leva suspendida un ano e medio, o alcalde, Gerardo Seoane, sostivo a necesidade de facilitar a rotación do tráfico nas peticións dos comercios do centro, que necesitan facilidades para o aparcamento dos seus clientes. Ademais, Seoane explicou que "o goberno xa fixo os deberes" en cando a reordenación e dotación de zonas de aparcamento, sendo agora necesaria esta nova medida.

PLANS PROVINCIAIS

Por outra banda, o pleno aprobou a solicitude de inclusión no Plano de Obras da Deputación de dúas actuacións por 120.000 euros, referidas a “Saneamento de Pavimentación do núcleo tradicional de Vilamaior”, e a de “Saneamento e Pavimentación do núcleo Tradicional de Tintores”, que teñen que ser desenvoltas co apoio da institución provincial.

Te puede interesar