O Instituto de Educación Secundaria García Barbón de Verín organiza un curso gratuito de capacitación dixital do 13 ao 27 de maio, ambas datas inclusives
Esta formación en competencias dixitais básicas, tales como enviar un correo, pedir cita no Sergas a través de internet ou ler un xornal dixital, está dirixida a persoas sen formación previa en novas tecnoloxías, e que non estean matriculadas en ensinanzas regradas no presente curso académico.
Este curso terá un total de 30 horas lectivas, impartidas cada día hábil durante as dúas semanas de duración do mesmo, en horario de 16,00 a 19,00 horas.
Inscripción
Aqueles interesados en se inscribir ou en obter máis información sobre esta formación, poderano facer de xeito presencial no propio IES García Barbón, en horario de 9,00 a 14,00 horas, ou chamando ao teléfono 988 685 085.