MONTERREI

A Parroquia de Ábedes, en Verín, celebra hoxe o San Antón

Monterrei
photo_camera A misa solemne é un dos momentos álxidos da celebración.

Nas últimas horas da tarde farán a súa aparición os cigarróns, para anunciar que o entroido está preto

Verín vivirá hoxe unha xornada festiva coa súa homenaxe ao San Antón, unha celebración que se atopa entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. Trátase dunha data sinalada no calendario dos veciños da parroquia de Ábedes, á que se sumará todo o municipio e na que, ademais, os cigarróns estrearanse este ano e como preámbulo ao ciclo do Entroido. 

O evento comezará ás 12,30 horas cunha procesión que partirá dende a parroquia e que realizará o tradicional percorrido pola zona ata chegar á capela, onde terá lugar unha misa solemne ás 13,00 horas. 

Logo dos actos litúrxicos haberá unha romería no monte, onde os veciños da vila degustarán o xantar típico da festividade: chourizos, costelas de porco, empanada e viño.  

Será nas últimas horas da tarde cando fagan a súa aparición os protagonistas do Entroido verinés,  os cigarróns, que farán soar as súas chocas para anunciar que a festa está a piques de comezar. 

Para velar pola seguridade das persoas que acodan ao evento, a agrupación de voluntarios de Protección Civil instalará, previsiblemente, un posto sanitario na zona da capela. O acceso para os vehículos estará permitido dende Ábedes e a rúa San Antón.n

Te puede interesar