SERVICIOS

Premio aos voluntarios que atenderon a Bibliopiscina

bibliopiscina_verin_result
photo_camera Algún dos voluntarios que se ocuparon de atender este ano a Bibliopiscina.

Este servizo aberto ao público por oitava vez consecutivamente dende o verán do 2009, conta cunha grande aceptación, cun total de case 177 horas aberto ao público e preto de 2.000 prestamos realizados

O vindeiro xoves, o concello de Verín fará entrega, na casa consistorial, dos diplomas acreditativos da labor de voluntariado na Bibliopiscina. O recoñecemento diríxese ao traballo que levaron a cabo 16 rapaces con idades comprendidas entre os 9 e os 21 anos coa supervisión do persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Deste xeito quérese recoñecer "toda a labor, o entusiasmo e a dedicación dos nosos voluntarios, que amosaron unha grande responsabilidade a hora de afrontar o traballo na Bibliopiscina", afirma o rexedor verinense, Gerardo Seoane.

Este servizo aberto ao público por oitava vez consecutivamente dende o verán do 2009, conta cunha grande aceptación, cun total de case 177 horas aberto ao público (todos os días de xullo e agosto) e preto de 2.000 prestamos realizados (libros, tebeos, revistas e xogos), datos semellantes aos dos anos anteriores.   Dende o grupo de goberno afirman que seguirán apostando por este tipo de iniciativas culturais para os máis mozos da vila.

Te puede interesar