ENTROIDO 2019

Verín abre o concurso para o cartel do Entroido

180206_corredoiro_2018_img_1249-2_result
photo_camera O Entroido comezará o 21 de febreiro.

O tema será de libre elección e interpretación debendo recoller o espírito entroideiro de Verín e levando como único texto "Entroido 2019-Verín- 21, 24 e 28 de febreiro e 1, 2, 3, 4 e 5 de marzo

A pesar de que aínda faltan varios meses para que teña lugar unha das festividades máis aclamadas da vila verinense, o Concello vén de abrir o prazo para presentar as propostas de cara a escoller o cartel oficial do Entroido de 2019. Todas as obras entregadas expoñeranse do 1 ao 9 de decembro no Auditorio Municipal de Verín, coincidindo co Festival Internacional de Curtametraxes da localidade - Vía XIV. 

Requisito indispensable será que a proposta sexa orixinal e que teña como única identificación un lema, que se presentará escrito no exterior dun sobre pechado. Por outra banda, o formato único será vertical e con tamaño de 50 por 70 centímetros. O tema será de libre elección e interpretación debendo recoller o espírito entroideiro de Verín e levando como único texto "Entroido 2019-Verín- 21, 24 e 28 de febreiro e 1, 2, 3, 4 e 5 de marzo. Festa declarada de interese turístico nacional". Asimesmo, a data límite para a presentación dos traballos será o vindeiro 30 de novembro de 2018. 


Á elección dos veciños


Durante as datas nas que as propostas estén expostas no Festival os veciños poderán votar pola súa favorita presentando o seu DNI. O premio para a persoa gañadora será de 600 euros e a obra pasará a ser propiedade do Concello, onde se poderán consultar as bases completas.

Te puede interesar