SERVICIOS

Verín pon en marcha as novas tarifas do aparcamento público

2015082909071045982_result
photo_camera O párking público de Verín está ubicado na praza do Concello.

Haberá unha tasa diurna de 20 euros e doce horas de duración e outra idéntica en horario nocturno

O Concello de Verín puxo en funcionamento esta semana as novas tarifas para o parking público da vila, ubicado na praza do Concello. Trátase, segundo sinalaron fontes municipais, de "unificar as taxas para facelas máis atractivas e propiciar que o aparcadoiro teña un maior número de clientes".Neste sentido ofrécense dúas tarifas con disponibilidade horaria diferente e co obxectivo de facilitar o aparcamento dentro do recinto.

Por unha banda, a tarifa diurna consiste en 12 horas de parking a contar, dende a primeira hora da mañá, sen especificar ningunha en concreto e a elección do usuario. O importe que terían que aboar os usuarios deste servizo ascendería a 20 euros mensuais. Por outra parte, a administración local oferta unha tarifa nocturna que comezaría a finais da tarde e que tería unha duración de 12 horas. A taxa nocturna tería o mesmo custo que a do día: 20 euros. 

Fontes do Concello subliñan as prestacións que ofrece o aparcadoiro municipal como son a vixilancia dos vehículos mediante as cámaras de seguridade ou a posibilidade de estacionar os coches sen ter que agardar por un espazo na vía pública.  "É unha prestación pública que asumiu o Concello co ánimo de seguir ofrecendo o servizo pero co obxectivo, por outra banda, de que éste sexa capaz de manterse e de ser eficiente económicamente", explicaron fontes municipais, que engaden tamén a importancia de que o servizo "dea recursos para as arcas municipais".

A taxa para o día responde á unificación dos "packs" anteriormente denominados "xornada laboral" e "xornada laboral funcionarios" nun paquete "mái atractivo", cunha reducción do prezo establecido e un aumento do tempo de estacionamento. A tarifa de 24 horas manterase e a fusión das xornadas laborais beneficiará especialmente aos traballadores a xornada partida, xa que poderán deixar o seu medio de transporte no aparcadoiro pola mañá e pola tarde sen que o descanso do mediodía consuma horas de parking. Esta medida estará en vigor ata finais do presente ano.

Te puede interesar