DESPEDIDA DO ENTROIDO

Un xantar con premios para pechar a festa en Verín

05.03.17.VERIN.RESTAURANTE BRASIL.COMIDA COMPARSAS E PREMIOS ENTROIDO.
photo_camera O rosa, o color favorito destas mozas para lucirse na celebración.

O Cigarrón de Honra foi para Manuel Fernández Barreira, irmán de Nerea, falecida recentemente nun tráxico accidente de tráfico en A Pousa

A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido de Verín deste ano 2017. Durante o acto tivo lugar un xantar popular, nun restaurante da vila, para os participantes nos desfiles do Entroido. Ao rematar, fíxose entrega dos galardóns de Honra, "Pescadilla" e Fidelidade. 

O primeiro deles foi para Manuel Fernández Barreira, o xove irmán de Nerea, que faleceu o pasado mes de decembro nun desgraciado accidente de tráfico. Malia todo, Manuel non quixo deixar de lucir o traxe polo que sinte verdadeira paixón e como tal foille otorgado o premio de Cigarrón de Honra. 

O "Pescadilla" recíbeno aqueles que se fan significar dun xeito ou doutro no Entroido verinense. Neste caso, o premio quedOU na casa, porque foi a filla do "Pescadilla", Marilís Otero, a galardoada. Mentres, o premio á Fidelidade foi para Mercedes Astorga, quen aínda que reside e traballa na cidade de Ourense, é unha das máis fieis e participativas no Entroido.

As carrozas e comparsas recibiron tamén o seu galardón, no que se incluía unha copia dos últimos trinta cartaces doutros tantos Entroidos verinses.  

Os galardóns foron entregados por parte do alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, e as concelleiras de Cultura e Turismo, Emilia Somoza e Purificación Caldelas. 

Te puede interesar