MONTERREI

A Xunta aposta por Pazos antes que urbanizar parte de Tamagos

Responde ao Concello de Verín recordando os 35.000 metros cuadrados sen ocupar do polígono

A Xunta, dende a Consellería de Infraestruturas, respondeu onte públicamente ao Concello de Verín e a súa petición de urbanizar unha parte do polígono de Tamagos con fondos municipais. O departamento autonómico indicou que a súa prioridade non é outra que potenciar o polígono de Pazos, un espazo no que aínda se dispoñen de 35.000 metros cuadrados sen ocupar, antes de apostar, como así lle indicara nunha concreta proposta o grupo de goberno local, polo parque industrial de Tamagos. O Concello argumenta a súa posición ao entender que o parque empresarial de Pazos conta "con conexións deficitarias tanto  á Nacional 525 como a autovía A-52".

Coma resposta, dende o Executivo galego sinalan que "no caso de que, tal e como ten formulado, o Concello quera desenvolver, con financiamento municipal, unha actuación no parque empresarial de Tamagos, deberá acreditar que existe demanda empresarial para asentarse nese polígono, así como a viabilidade económica da proposta". Un argumentario co que traslucen que a Xunta non observa coma prioritaria a actuación en Tamagos, ao ofertar no parque empresarial de Pazos, onde dispón de máis de 35.000 metros cadrados con prezos bonificados no 50 por cento e a posibilidade de adxudicación en dereito de superficie. Algo que permite que as empresas interesadas dispoñan de solo na localidade a partir de 33 euros por metro cadrado en compravenda e por menos

Fórmulas alternativas

A adxudicación en dereito de superficie, similar a un alugueiro con prezo reducido e opción de compra, realízase por un período de 30 anos prorrogable ata un máximo de outros 30 anos, cun canon anual equivalente ao 1,5% do prezo da parcela os dous primeiros anos, 2,5% os dous seguintes e 3,5% a partir do quinto. O primeiro ano pódese solicitar de carencia, de maneira que o prezo correspondente ao mesmo prorratearase nos cinco anos seguintes. 
Malia todas as opciones de ocupación, as comunicacións do polígono de Pazos seguen a ser o seu verdadeiro talón de Aquiles, entenden dende fontes municipais.

Seoane di que “e un erro non aproveitar o enclave"

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, non entende que non se aposte por un enclave privilexiado e "cunhas comunicacións formidables para un obxecto, que era o que nos procurabamos, de ubicar alí un centro loxístico e de distribución".

Lembra Seoane Fidalgo que "o sector no transporte é o de maior facturación da comarca, por enriba incluso da industria da auga ou a do viño, e precisan dun espazo destacado para sacar os vehículos da vila as fins de semana". Ademáis, "aproveitaríase esa sinerxia para atraer a outras compañías especializadas na loxística e a distribución, considerando que o enclave de Tamagos, como así o viu o Goberno bipartito da Xunta no seu día, é o idóneo para o establecemento tanto deste centro loxístico como o de calquera outra empresa".

O Concello de Verín prantexoulle á Xunta que contemplase a cesión dalgúns dos terreos dos que dispón nese parque industrial a cambio de seren urbanizados polo consitorio, compensando ao Goberno autonómico coa superficie equivalente pero xa urbanizada. 
De non aceptar ese convenio, o Concello de Verín, como vía alternativa, agardaba que en San Caetano contemplasen a posibilidade dun alugueiro de parte deses terreos.

Te puede interesar