Poda salvaxe nos coñecidos como 'carballos de Leonor' en Lobeira

...y después.
Estas imaxes ilustran a poda salvaxe que fixo unha brigada da Deputación de Ourense nos coñecidos como “Carballos de Leonor”, árbores centenarias e carismáticas na capitalidade do concello de Lobeira.
Biólogos consultados consideran que o xeito excesivo e desordenado no que se fixo pon en risco a súa supervivencia. En todo caso non contribúe a crear a imaxe de protección á natureza que as institucións deben dar e a protexer un lugar de encontro tradicional, que á súa sombra, prodúcese todos os veráns desde tempo inmemorial.

Te puede interesar