Arranca hoxe o Festival de Teatro con algúns recortes

López, Lage, Rivero y De Sousa.
O Festival de Teatro Galego do Carballiño arranca hoxe, ás 22.30 horas, no auditorio, coa compañía Obras Públicas, que porá en escea 'Life is a paripé'. A directora do Festival, Josi Lage, presentou onte o programa, que conta con unha representación menos e prescinde do teatro na rúa e actividades complementarias por causa do recorte presupuestario, que pasou de casi 33.000 euros o ano pasado, a tan só 18.000.
Aínda así, a asociación Fetega apostou pola calidade e así o descataron os invitados o acto de presentación. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, apuntou que o festival 'se instala como unha referencia dentro da escena galega', engadindo que 'estamos satisfeitos da altura e nivel do noso teatro, un nivel ó que contribuiu o Festival de Teatro Galego'.

Vicente de Sousa, representante da Asociación de actores e actrices, manifestou o apoio da entidade a este evento, anunciando que colabora cun curso de interpretación impartido por Pablo Sánchez, previsto para novembro.

A concelleira de Cultura, Asunción Rivero, e Josi Lage, recoñeceron a importante laboura da asociación cultural Orballo, que puxo en marcha o festival fai máis de 20 anos, dirixido por Xan Pinal.

Te puede interesar