A Asociación de Actores e Actrices financia un curso sobre a improvisación

O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Vicente Montoto, e a actriz carballiñesa e directora da Escola municipal de Teatro no Carballiño, Josi Lage, presentaron onte un curso de improvisación teatral no que participarán 15 alumnos, e que impartirá Mariana Carballal, licenciada en Arte Dramático, e entre outras ocupacións, actriz de teatro. As clases, que serán sobre todo prácticas, desenvolveranse os próximos 23 e 24 de xaneiro.
O curso enmárcase dentro da programación do Festival de Teatro Galego, que se celebra cada ano no mes de setembro. Vicente Montoto destacou a importancia da formación teatral non só para gañar público senón tamén para que chegue ós ciudadáns, porque facer teatro pode axudar á xente, entre outras cousas, ‘a perder certos medos’, puntualizou.

Josi Lage engadiu que o curso ‘iniciará ós alumnos nas técnicas da improvisación teatral para desenvolver a súa creatividade’. Asemade, asegurou que ademais de xente do Carballiño tamén se apuntou de Madrid, Santiago e A Coruña.

Te puede interesar