As asociacións xa poden optar ás subvencións municipais

O Concello do Carballiño mantén aberto, ata o vindeiro 21 de outubro, o prazo para presentar as solicitudes correspondentes para acceder ás subvencións destinadas ás asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro. As mesmas teñen como obxectivo apoiar a realización de actividades culturais durante o presente ano 2022.

As bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do pasado 21 de setembro e o prazo de presentación das solicitudes é dun mes.

Poderán optar ás axudas as asociacións e institucións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, co seu domicilio social no Carballiño e debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións cunha antigüidade de, polo menos, seis meses. O Concello do Carballiño conta cunha partida de 6.000 euros para esta convocatoria e a axuda máxima é de 3.000 euros.

Te puede interesar