Autores galegos fomentan a lectura na Ínsua dos Poetas

Gañadores do tesouro ‘A esmorga’ con asistentes ó acto de entrega.
photo_camera Gañadores do tesouro ‘A esmorga’ con asistentes ó acto de entrega.
A Ínsua dos Poetas estreou onte un novo modelo de fomento da lectura cunha adaptación á literatura galega do modelo “escape room” ó aire libre. Organizadores e participantes valoraron positivamente a actividade que permitiu un maior achegamento á vida e obra dos grandes escritores galegos. Desde a Fundación Insua dos Poetas expresaron a continuidade da iniciativa e seu agradecemento ós patrocinadores, Xunta, Deputación e Concello do Carballiño, e aos demais colaboradores.

Te puede interesar